Recibía o C.B. Arteixo o domingo ás
10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó BCA 98 B despois de dúas longas
semanas sen competir debido á xornada de descanso e a que o C.B. Laracha se
retirou da competición.
Partido sen moita historia para os
rapaces de Jose, xa que o 17-0 co que remataba o primeiro periodo deixaba
bastante costa abaixo o partido.
O segundo periodo comezou máis
igualado debido ás innumerables perdas de balón de ámbolos dous equipos, que en
ocasións se materializaban en canastra ó contraataque. Ó descanso ós arteixáns
tiñan unha vantaxe de 24 puntos.
Os arteixáns lonxe de conformarse co
resultado e co xogo despregado, continuaban no terceiro periodo coa súa defensa
que facía valer o seu físico, recuperando balóns de xeito constante.
O último periodo foi similar ó
terceiro, no que a defensa e o ritmo acelerado do balón marcaban a tónica dun
partido sen moita historia. Ó remate do partido o marcador sinalaba un 104-36 a
favor dos locais..
Boa inxección de ánimo para os
xogadores de Jose, que visitarán ó Sant Yago na próxima xornada.
C.B. Arteixo
Miguel C; Darío; Natahel; Juanlu;
Jonathan; Miguel D; Javi; Leo; Iván; Adrián; Antón.
Ad: Jose Ríos
Porque a los mayores se les ponen los puntos anotados y a los pequeños no?
ResponderEliminar