lunes, 1 de mayo de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 29 E 30 DE ABRIL

ALEVÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 68-ESCLAVAS 16 (17-2-7-0, 12-2, 20-8, 12-4)


Moi bo partido do alevín de Arteixo, que comezou cos locáis moi activos na defensa e roubando un gran número de balóns, o que propiciaba rápidos contraataque que remataban en canasta.
No segundo periodo a actividade na defensa continúa pero o acerto baixa moito, aínda que o xogo continua a ser bo.
No resto de periodos o tónica é a mesma aínda que con algún pequeno despiste no rebote. 
Así as cousas boa victoria de conxunto, a través do xogo de equipo.

INFANTIL MASCULINO


CB ARTEIXO 16-COSTA DA MORTE BLANCO 59


Pese que o resultado non o reflicte, o xogo dos arteixáns mellorou moito con respecto os dous anteriores encontros, con bo xogo de pasar e cortar, e con moitas portas atrás que desgraciadamente non acababan en canasta. Esa é unha das claves do encontro, os múltiples erros en canastas sinxelas preto do aro que terminaron por condenar os xogadores do Arteixo, que só no terceiro cuarto foron quen de mandar no marcador.

CADETE MASCULINO


BASQUET CORUÑA 00B 24-CB ARTEIXO 69 (4-14, 11-18, 7-21, 2-16)


Empezou moi ben o encontro para os visitantes, cos xogadores moi metidos no encontro e cun 12-0 que comezaba a aclarar as cousas.
No segundo cuarto un pouco de relaxación fixo que as cousas se igualaran moito, pero so foi un espellismo e na segunda metade do encontro todo voltou ó principio e con moita intensidade defensiva e un xogo rápido o marcador foi aumentando ata o resultado final.

JUNIOR MASCULINO


BALONCESTO CAMBRE 70-CB ARTEIXO 44 (22-11, 18-12, 10-10, 20-11)


Encontro de oitavos de final da copa primavera.
Moi costa arriba ten a eliminatoria o CB Arteixo despóis da abultada derrota na cancha do Cambre.
Mal comezou o encontro para os visitantes que os 2 minutos xa perdían 8-0. A partir de aquí sempre por detrás no marcador, con moitos problemas para defender no 1x1 e no rebote.
Un cambio na defensa no inicio do terceiro cuarto semella atrancar os locáis pero os de Arteixo non son quen de anotar con fluidez e a distancia no marcador no baixa.
No periodo definitivo o ataque cambrés adáptase a defensa dos arteixáns e conseguen ir aumentando a diferenza ata os 26 puntos fináis que fan case imposible a remontada no encontro de volta.

SENIOR MASCULINO TERCEIRA DIVISIÓN


LOS ÁNGELES GAS OLEIROS 62-CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 57 (16-13, 8-18, 19-7, 19-19)


Outro encontro marcado polas baixas no conxunto de Arteixo, que segue a amosar un gran carácter e moito espírito de loita pero que ve como as suas opcións decaen ante tantos contratempos.
Comezaba o encontro moi igualado, cos de Oleiros máis entonados no ataque e os de Arteixo un pouco dubitativos.
No segundo cuarto cambiaron as tornas, os visitantes comezaron a defender e a anotar con facilidade para chegar o descanso con unha pequena ventaxe.
Tras o descanso acumularonse os acontecementos, todos malos para o CB Arteixo, entre unha mala saída de vestiarios, e moi boa dos de Oleiros que martilleaban a canasta contraria continuamente, e as dúas antideportivas sinaladas a Victor (a segunda clara, a primeira moi discutible) os de Oleiros empezaron a marchar no marcador. Neses intres na pista por parte dos de Arteixo xa había máis xogadores coxos dos que non, e o encontro tiña pinta que ía a ser unha malleira dos locáis.
Pero nada máis lonxe da realidade, os de Arteixo puxeron gañas, moita loita e un pouco de intelixencia e bo xogo para non marchar nunca do encontro e manter as opcións ata o final.
Pero non pudo ser...
Aínda así é para sentirse moi orgullosos dos nosos xogadores que están a facer un gran final de tempada.

ANOTADORES: VICTOR 8, DIEGO 17, JOSE 12, NICO 3, PABLO 4, DANI F. 11, DYLAN 2, DANI G. E CAICOYA.

SENIOR MASCULINO SEGUNDA DIVISIÓN


RIAS BAIXAS 64-CB ARTEIXO 66 (11-12, 21-12, 18-21, 14-22)


Presentábanse os arteixáns en vigo con so 5 xogadores do primeiro equipo e o apoio de Victor e Diego do equipo de terceira, para xogar contra un conxunto moi forte físicamente.
Controlaban de inicio os visitantes moi ben o encontro, cunha defensa moi concentrada e dominando o ritmo do encontro.
No segundo periodo os locáis lograron impoñer o seu ritmo e ameazaron con romper o encontro, pero os de Arteixo resistiron.
Tras o descanso, e quitando un par de minutos iniciais, o xogo en ataque dos visitantes foi do mellor da tempada, sabendo leer as ventaxas, e movendo con criterio o balón, así tamén apareceu o acerto para anotar nuha segunda parte para lembrar 43 puntos.
Deste xeito e cunha boa defensa e unha loita tremenda baixo os taboleiros chegouse o minuto final con empate no marcador onde Alex anota unha tripla para avanzar no marcador os de Arteixo, pero no ataque seguinte os viguese respostan rápidamente con outra tripla, e todo igualado de novo. Un ataque ben xogado polos visitantes non remata en canasta e con 30 segundos por xogarse a bola pasa os locáis, que agotan case que toda a posesión para rematar tirando ante a boa defensa dos de Arteixo, a bola non entra e se pelexa o rebote cunhas ganas increibles, saída rápida de contraataque que remata nunha tripla que non entra pero Gabi colle o rebote e sin baixar ó chan anota unha canastra que da unha merecidísima victoria os de Arteixo.
ANOTADORES: CONCHADO 29, ALEX 14, CAICOYA 3, DIEGO 2, PABLO 16, GABI 2 E VICTOR.

 Fin dunha tempada que  comezaba cunhas espectativas moito máis altas na clasificación, pero que tendo en conta todos os contratempos sufridos(todos lesionados en algún momento da tempada menos Rober, a marcha de Andrés,... ) non se pode calificar de decepcionante e si saber valorar o esforzo de moitos xogadores que deron todo por sacar a diante unha tempada que pudo rematar en desastre total e que solventouse con moita solvencia , coa axuda inestimable do equipo de terceira.

Por último destacar a carreira inmellorable dentro do clube dun xogador que nos deixa e que vai ser imposible de sustituir: Guille Caicoya, que esta fin de semana xogou o último encontro co equipo de segunda, por sorte aínda desfrutaremos del co equipo de terceira e xa haberá tempo para as despedidas, pero de momento MOITAS GRAZAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario