lunes, 29 de mayo de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 27 E 28 DE MAIO

BENXAMÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 39-BASKETCORUÑA 08 43 (6-11, 7-6, 0-6, 10-4, 6-8, 10-8)


Bo encontro o que xogaron os pequenos do CB Arteixo, moi competido ata o final, cun terceiro cuarto un pouco máis desnivelado, no que o acerto dos visitantes fixo que tomaran unha pequna renda no marcador.
Ainda a si, os nosos pelexaron ata o final, e con bo xogo de pases acadaron canastas que os mantiveron no encontro ata o final, mágoa que non fora suficiente para pasar a seguinte rolda da copa primavera.


ALEVÍN MASCULINO


EPB LOS ROSALES 44-CB ARTEIXO 55 (6-9, 12-8, 6-10, 6-12, 4-8, 10-8)


A boa nova da mañán chegou de parte do equipo alevín, que acadou a victoria nun bo encontro en liñas xerais.
Así e todo no comenzo os despistes foron a tónica dominante para pouco a pouco ir recuperando a concentración. No segundo periodo con varios erros defensivos e no rebote os coruñeses tomaron pequenas ventaxas no marcador.
A partir do terceiro sexto o encontro foi de cor verde, con moita pelexa na defensa, roubando balóns para realizar rápidos contraataques.
Deste xeito entrábase no periodo definitivo con 13 puntos a favor dos de Arteixo, neste derradeiro periodo a igualdade sería máxima e a victoria non perigaría.
Os arteixáns pasan a seguinte rolda da copa primavera, NORABOA RAPACES!!

INFANTIL MASCULINO


CB CAMBRE 59-CB ARTEIXO 9


Moi complicado o tiñan os rapaces do infantil que xa perderan na ida por un amplo marxen.
Neste encontro volveu a impoñerse o maior físico dos cambreses e o seu maior ritmo de xogo.
De todos modos os visitantes deixaron para a historia nada máis e nada menos que 5 triplas!! unha mágoa que non subiran o marcador...
Boa tempada a dos rapaces de Dani Fraga que tiveron unha gran mellora o longo do ano.

CADETE MASCULINO


DOMINICOS 51-CB ARTEIXO 50 (8-15, 13-10, 14-12, 16-13)


Mal encontro por parte dos arteixáns que sen embargo traían unha ampla renda do encontro de ida, o que fixo que non pasaran apuros e continuaran a sua andaina na copa primavera.
No inicio do choque os visitantes controlaban o  xogo pero o ritmo era moi lento e as sensacións non eran boas para atacar a defensa zonal proposta polos locáis.
De aquí en diante todo foi a peor, o ritmo cada vez máis lento, a intensidade baixo mínimos, pouca pelexa e os colexiáis que cada vez van creendo máis na victoria.
Deste xeito entrouse no cuarto definitivo con un igualado 35-37. De ahí ó final moita igualdade onde o desacerto nos tiros libres e nas duas xogadas fináis marcaron a diferenza a prol dos de Dominicos.
O mellor de todo foi o pase a cuartos de final da Copa primavera.
IMOS A POLA SEGUINTE!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario