C.B. Arteixo 50 - 48 Santo Domingo Betanzos B
Regular partido dos xogadores de Fran Lozano, quenes non iniciaron ben o encontro, desacertados de cara ó aro pero sempre por diante no marcador. Na segunda metade mellorou a capacidade anotadora dos arteixáns, facendo a goma no marcador. Nos instantes finais, o marcador estivo igualado, pero os arteixáns souberon controlar o partido e que a victoria quedase en Arteixo.
3ª división senior masculino Xornada 9
C.D. Recimil 85 - 57 C.B. Arteixo
Partido complicado para os xogadores de Iván García, quenes só se presentaron 5 para poder disputar o partido por diversos motivos. Aínda así, non se lle perdeu a cara ó partido e cando só faltaban 8 minutos para rematar, a diferenza no marcador era só de 8 puntos a favor dos locais. A partir dese momento, o cansanzo fixo que os arteixáns baixasen o seu rendemento, provocando a diferenza final no marcador. Gran traballo de todos e cada un dos xogadores
2ª división junior masculino Xornada 9
Basquet Coruña 99 69 - 53 C.B. Arteixo
Gran partido dos xogadores de Fran Lozano ante un rival co que perderan na primeira volta por máis de 50 puntos.
Espectacular primeiro periodo dos nosos, situándose con máis de 10 puntos de vantaxe grazas a un xogo de ataque rápido, con moito movemento (12-23). Pero de novo o problema das faltas e do rebote defensivo comezaron a lastrar ós arteixáns, quenes pouco a pouco foron perdendo a vantaxe no marcador ata que o rival lle deu a volta. Neste momento o cansanzo e as faltas provocaron a diferenza no marcador a favor dos locais.
2ª división cadete masculino Xornada 9
C.B. Arteixo 53 - 46 C.D. Los Rosales
Partido igualado durante os 40 minutos anque case sempre cos xogadores de Iván García por diante no marcador. Moi bo traballo dos nosos xogadores, quenes teñen que continuar co seu nivel de traballo e mellora nos adestramentos e nos partidos.
2º división cadete feminino Xornada 6
C.B. Arteixo 17 - 66 C.B. Culleredo
Partido moi complicado para as xogadoras de Andrea Álvarez e Dany Fraga contra un moi bo equipo. As xogadoras realizaron unha defensa correcta, evitando que as rivais anotasen con facilidade ó contraataque; pero no ataque continuaron os erros no pase dos partidos anteriores.
Moi boa actitude das xogadoras, que estiveron moi metidas no partido, moi animadas, e o máis importante: animándose entre elas.
2ª división infantil masculino Xornada 6
C.B. Arteixo 36 - 40 Santa María del Mar
Bo partido dos xogadores de Dany Fraga quenes estiveron sempre con opcións de levarse o partido. Na primeira metade houbo erros defensivos e no rebote que permitiron canastras cómodas ó rival e non estiveron moi acertados de cara ó aro.
Na segunda metade mellorou o xogo e as axudas defensivas, pero o rebote seguía a ser visitante. Moi contentos co traballo dos xogadores no xogo e na realización das axudas defensivas, e sobre todo o no baixar os brazos despois de estar 12 abaixo no último periodo.
Liga minibasket masculino Xornada 4
Calasancias 50 - 23 C.B. Arteixo
Mal partido dos minis de Arkaitz Collazo no referente ó ataque, xa que se perdían moitos balóns nos pases e no bote, debido á falta de movementos de recepción, polo que non se tiñan moitas opcións de lanzamento á canastra. Sen embargo a defensa era correcta, pero o rebote era dominado polos visitantes e tiñan innumerables opcións para lanzar e anotar.
Liga preminibasket masculino Xornada 3
Latorre 46 - 5 C.B. Arteixo
Partido marcado polos innumerables erros baixo o aro dos xogadores e xogadoras de Víctor García. De novo o abuso do bote e os erros no pase apareceron no partido. A esto hai que sumarlle unha non correcta transición ataque-defensa. Pouco a pouco ante a falta de acerto, os pequenos arteixáns baixaron os brazos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario