Partido correspondente á terceira xornada da 3ª división senior masculino, disputado hoxe mércores ás 21:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
49 - 55 (17-13 / 15-16 / 11-8 / 6-18)
Partido con moitos altibaixos. Un inicio cunha gran defensa por parte dos dous equipos mantiña o marcador moi igualado. Posteriormente unha presión a toda pista por parte dos arteixáns propiciou que conseguisen acadar as primeiras vantaxes no marcador, aínda que no segundo periodo, o equipo de Oleiros situouse nunha defensa zonal que non abandonaría en todo o resto do partido, e que parou en seco a producción ofensiva dos arteixáns.
Aínda así, no terceiro periodo e seguindo cunha moi boa defensa, os arteixáns conseguían entrar no último periodo cunha vantaxe de 6 puntos. Nese momento poideron romper definitivamente o partido, pero non acertaron en boas accións ofensivas, o que aproveitaron os visitantes para colocarse por encima no marcador, complicando moito a vida ós de Arteixo.
Aínda así, mantívose a opción de gañar ata case o último segundo, pero os arteixáns non acertaron e os de Oleiros non perdoaron dende a liña de tiros libres.
C.B. Arteixo:
Víctor (4), Carlos (14), Diego (4), Manu (12), Juanlu (4), Dylan (7), Dany (2), Pablo (2) e Arkaitz (0)
A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo visitará ó Calasancias o domingo ás 19:00 horas na Poideportiva de Riazor 2
No hay comentarios:
Publicar un comentario