Esta longa fin de semana de partidos, cos aprazados do mércores e o xoves, trouxo unha fin de semana co 50% de victorias e derrotas.
2ª división senior masculino Xornada 5
O equipo de Fran Lozano tivo xornada de descanso polo calendario impar.
3ª división senior masculino Xornada 6
C.B. Arteixo 53 - 68 Maristas Coruña
Bo partido dos arteixáns ante o líder invicto que comezou cos locais non moi metidos no partido, permitindo que os visitantes se fosen pronto no marcador. Os tres últimos periodos volveron a ser os que acostuman os arteixáns, pelexando e realizando un bo xogo, pero que non lles permitiu achegarse no marcador ante un gran equipo.
2ª división junior masculino Xornada 5
C.E. Cume Cee 50 - 32 C.B. Arteixo
Bo partido dos nosos junior, quenes non foron capaces de aguantar fisicamente ós costeiros nin estiveron acertados de cara ó aro en todo o partido, como así indica o marcador. Aínda así hai que destacar o traballo dos xogadores e a axuda dos cadetes.
2ª división cadete masculino Xornada 5
C.B. Arteixo 31 - 60 Baloncesto Narón
Mal partido dos nosos cadetes, quenes non atoparon o seu xogo e sucumbiron cunha gran diferenza no marcador ante o equipo naronés. Hai que seguir traballando para volver ó xogo e á dinámica anterior a este partido.
2ª división cadete feminino Xornada 3
C.B. Arteixo 41 - 39 Santa María del Mar
Bo partido das nosas nenas, quenes dominaron o partido en case a súa totalidade. As perdas de balón e os pouquísimos rebotes ofensivos atrapados permitiron ás visitantes achegarse no marcador, poñendo en risco a victoria. O temple nos segundos finais fixo que as xogadores de Andrea e Dany se levasen a segunda victoria consecutiva da tempada (segunda en tres partidos)
2ª división infantil masculino Xornada 4
Santo Domingo Betanzos 24 - 74 C.B. Arteixo
Bo partido dos infantiles, quenes dominaron o rebote e o ritmo de xogo ante os betanceiros. Este dominio permitía moitas segundas e terceiras opcións de tiro no ataque e aseguraba contraataques que se finalizaban en superioridade. Tamén no 1x1 os nosos conseguían vantaxes, as cales conseguían aproveitar.
Minibasket masculino Xornada 1
C.B. Arteixo 49 - 16 Esclavas Azul
Partido dominado polos arteixáns, quenes superaban no 1x1 ós seus rivais e mantiñan un ritmo alto e dinámico de xogo para buscar as súas opcións de anotar. Hai moitos detalles por pulir, pero vese que os nenos disfrutan do xogo
No hay comentarios:
Publicar un comentario