Nesta fin de semana, os equipos senior de 3ª división, junior masculino e cadete feminino conseguiron a súa primeira victoria da tempada.
Os resultados dos partidos dos nosos equipos na pasada fin de semana son os seguintes:
2ª división senior masculino Xornada 4
C.B. Arteixo 60 - 64 A.X. Sagrado Corazón de Lugo
Partido moi igualado para os xogadores de Fran Lozano, que se decidiu ó final por detalles no tiro libre e no dominio do rebote dos visitantes. Racha de 3 derrotas consecutivas que hai que cortar con intensidade os 40 minutos de xogo.
3ª división senior masculino Xornada 5
Calasancias 40 - 53 C.B. Arteixo
Os arteixáns volveron a realizar un partido moi serio tanto no ataque como na defensa. A igualdade foi a tónica nos dous primeiros periodos, pero despois do descanso, o dominio do rebote foi o que decantou a balanza para os arteixáns.
2ª división junior masculino Xornada 4
C.B. Arteixo 44 - 40 Baloncesto Cambre Revesduyo
Partido moi completo dos xogadores de Fran Lozano, pero que case botan por terra no último periodo despois de dispoñer dunha vantaxe de 15 puntos ó seu favor. As perdas de balón e as faltas fixeron que os visitantes se achegasen no marcador, pero non foron quen de darlle a volta.
2ª división cadete masculino Xornada 4
ACB Costa da Morte 27 - 64 C.B. Arteixo
Partido no que os xogadores de Iván García foron moi superiores ó rival en xogo e en físico, provocando que pouco a pouco se fose aumentando a diferenza ata o final do partido.
2ª división cadete feminino Xornada 3
Maristas Cristo Rey 51 - 52 C.B. Arteixo
Moi bo partido das nosas nenas, quenes dominaron durante 35 minutos o marcador e o xogo. Nos últimos 5 minutos as locais apretaron e chegáronse no marcador grazas á súa intensidade defensiva, que case as leva a conseguir a victoria ante as nenas de Andrea Álvarez e Dany Fraga.
2ª división infantil masculino
C.B. Arteixo 27 - 72 Culleredo
Pouco poideron facer os xogadores de Dany Fraga ante un equipo superior como é Culleredo. Pelexaron continuamente durante os 40 minutos, pero as perdas nos pases na saída de balón fixeron que os visitantes dominasen o partido ó seu antollo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario