martes, 24 de noviembre de 2015

Resultados fin de semana 21 e 22 de Novembro

Esta fin de semana tiveron competición tódolos equipos do club, xa que comezou a tempada dos preminis de Víctor García

2ª división senior masculino  Xornada 6
C.B. Arteixo  51 - 84  Opticalia Eume
Nefasto partido dos xogadores de Fran Lozano, quenes só aguantaron os primeiros 15 minutos de partido. A partir deste momento baixaron os brazos e a diferenza no marcador non fixo máis que aumentar a favor dos eumeses.

3ª división senior masculino  Xornada 7
Termiset Irmandiños  65 - 22  C.B. Arteixo
Outro partido nefasto. Esta vez en Ferrol ante un bo equipo, pero non podemos estar sin intensidade na pista para poder chegar ós obxectivos marcados e intentar competir tódolos días. Pouco que comentar ante a superioridade rival.

2ª división junior masculino  Xornada 6
C.B. Arteixo  37 - 58  Compañía de María
Bo partido dos junior a pesares da derrota. Moi bo xogo de ataque despregado ante un equipo superior físicamente e que nos fixo cambiar moitos tiros. A falta de puntería no ataque foi unha losa durante todo o partido. Os visitantes dominaron o rebote en ámbolos dous aros, o que nos fixo imposible pelexar a victoria.

2ª división cadete masculino  Xornada 6
Ferrol C.B.  74 - 51  C.B. Arteixo
Mal partido dos cadetes, que encaixaron un parcial de 23-3 ó comezo do partido, dinamitando as posibilidades de victoria. A partires deste momento, os xogadores de Iván espertaron e comezaron a realizar o seu xogo, pero se "tiramos" o inicio do partido é difícil competir no marcador.

2ª división cadete feminino  Xornada 4
C.B. Arteixo  56 - 29  CD Los Rosales
Bo partido das nenas de Andrea, quenes tras unha primeira metade igualada, aumentaron a intensidade defensiva e o seu acerto de cara ó aro para vencer con claridade ó equipo coruñés. Gran traballo de tódalas nenas.

2ª división infantil masculino  Xornada 4
C.B. Arteixo  75 - 24  Basquet Coruña 02 B
Moi bo partido dos xogadores de Dany, quenes dominaron o ritmo de xogo e o rebote durante todo o partido. Un pequeno baixón de intensidade defensiva no segundo periodo permitiu ós visitantes achegarse no marcador, pero tras o descanso volveu o nivel de xogo dos arteixáns para aumentar a diferenza no marcador pouco a pouco ata o final do partido. Destacar que só foron da partida os 5 xogadores infantiles ó coincidir o partido co dos minis.

Liga minibasket masculino  Xornada 2
Jesuitinas  37 - 46  C.B. Arteixo
Nova victoria dos xogadores de Arkaitz nun partido moi igualado, que se decantou nos periodos finais para os nosos. Bo traballo do equipo, aínda que quedan moitas cousas por mellorar. Pouco a pouco vanse integrando tódolos xogadores e dando o seu mellor para divertirse xogando.

Liga preminibasket mixto  Xornada 1
C.B. Arteixo  37 - 20  Jeusitinas C
Bo inicio de competición para os nenos e nenas de Víctor. Ainda que abusaron moito do bote e pasar pouco o balón. Moitos erros baixo o aro, pero o dominio do rebote permitiulles segundas e terceiras opcións de tiro en moitos ataques. Destacar a boa defensa e a actitude para xogar e pasalo ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario