Partido correspondente á segunda xornada da 2ª división junior masculino, disputado o sábado ás 20:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
28 - 79 (4-27 / 10-18 / 3-12 / 11-22)
Segunda derrota do equipo contra un moi superior Basquet Coruña por un marcador moi
abultado que reflexa esa superioridade.
O partido empezou con un ritmo moi alto por parte dos visitantes que superaban claramente ós xogadores locais, aínda que intentaban contrarrestar ese alto ritmo. A diferenza vai aumentando rapidamente grazas a gran cantidade de contraataques e á superioridade dos xogadores visitantes debaixo do aro. O remate do cuarto un claro 4-27 que reflexa o que está pasando no partido.
No segundo cuarto, unha lixeira mellora dos locais permítelles facer que a distancia non siga aumentando na mesma proporción que no primeiro período. O ritmo segue a ser alto, pero os fallos dos dous equipos deixan un parcial de 10-18 e o partido sentenciado, 14-45.
Despois do descanso, o partido volta a ter as mesmas características que o primeiro, os locais negados no ataque solo son capaces de anotar unha canastra en xogo, de tres puntos, e os visitantes seguen anotando en rápidos contraataques, aínda que tampouco anotan moito. O marcador ó final do cuarto é claro, 17-57.
No último cuarto os locais intentan aguantar o alto ritmo visitante, pero, aínda que é o cuarto onde máis anotan, nos son capaces de parar a anotación do BC e chégase ó final co marcador de 28-79.
A intensidade dos nosos xogadores e o esforzo son bos, pero o acerto e moi baixo. esperamos que isto vaia cambiando co paso do tempo e poidamos ver reflexado o traballo que fan os xogadores nos marcadores dos partidos.
A próxima semana, o luns ás 12 no Pavillón Bergantiños de Carballo, buscaremos a primeira vitoria contra o ClubBaloncesto Artai.
C.B. Arteixo:
Aimán, 5; Fabio, 0; Zas, 4; Jacobo, 2; Mario, 6; Jose, 5; Carlos, 7
Basquet Coruña 99:
Méndez, 12; García, 0; Regueira, 10; Doce, 6; Sandino, 7; Rodríguez A, 10; Scortegana, 6; Rodríguez S, 14; Rodríguez O, 0; Bonego, 6; Rolo, 0; Lema, 8
No hay comentarios:
Publicar un comentario