martes, 6 de octubre de 2015

Comeza a nova tempada 2015/2016

Aquí estamos de novo ante o inminente inicio dunha nova tempada. De novo con moita ilusión e ganas de traballar para que os xogadores e xogadoras aumenten os seus coñecementos sobre baloncesto e melloren o máximo posible durante os adestramentos e partidos.

A día de hoxe xa están todos os nosos equipos a adestrar e as competicións a piques de iniciarse.

Os equipos senior de 2ª e 3ª división, junior masculino, cadete masculino e infantil masculino comezaron os seus adestramentos co inicio do mes de setembro. Mentres que o equipo cadete feminino comezou os seus adestramentos o pasado 14 de setembro. Po último, no día de onte foron os equipos de minibasket e preminibasket os que comezaron a adestrar (así como a Escola Deportiva Municipal).

Para esta tempada 2015/2016 hai modificacións en canto ós adestradores dos equipos, xa que esta tempada non contamos con Germán Lozano, quen inicia unha nova etapa no C.B. Marin Peixegalego. Os adestradores de cada equipo son:

 - Senior 2ª división: Fran Lozano
 - Senior 3ª división: Iván García
 - Junior masculino: Fran Lozano
 - Cadete masculino: Iván García
 - Cadete feminino: Andrea Álvarez
 - Infantil masculino: Daniel Fraga
 - Minibasket: Arkaitz Collazo
 - Preminibasket: Víctor García
 - EDM: Iván García

Aínda non están sorteados os calendarios de tódolos equipos, só os dos nosos equipos senior (que podedes consultar en www.fegaba.com/xornada)

No hay comentarios:

Publicar un comentario