Partido correspondente á volta da Fase de clasificación 9º-10º da 2ª división senior masculino, disputado o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Allariz
64 - 71 (14-14 / 15-19 / 21-19 / 14-19)
Comezaba ben o partido para os arteixáns, xa que eran capaces de mover o balón no ataque e buscar as primeiras vantaxes no xogo interior. Sen embargo, a defensa non era a correcta e os locais aproveitábanse da súa superioridade no 1x1 para doblar balóns. Así de igualado foi o periodo, que rematou con empate a 14 no marcador
No segundo periodo continuou a igualdade no marcador, pero seguían a ser os arteixáns os que se situaban por diante no marcador con pequenas vantaxes grazas ó seu bo xogo e nos desbordes no 1x1. Unha serie de despistes consecutivos dos arteixáns volveron a achegar ós locais no marcador, quenes non dubidaron en aproveitar a mala defensa visitante. Unha canastra de Rober sobre a bocina do descanso deixou 4 puntos de vantaxe no marcador ós arteixáns (29-33)
Á volta do descanso saíron en tromba os arteixáns, chegando a ter vantaxes superiores ós 10 puntos grazas á selección de tiro e á boa circulación do balón ante a zona presentada polos locais. Pero de novo, a baixada de intensidade na defensa fixo que encaixasen un parcial de 10-0 que volvía a colocar ós locais no partido ó remate do periodo (50-52)
No último periodo, de novo se volveron a despegar os arteixáns no marcador, volvendo a chegar a vantaxes superiores ós 10 puntos, pero desta vez non os deixaron escapar. O seguiron intentando os locais, pero o seu desacerto de cara ó aro e o temple dos arteixáns para escoller boas opcións no ataque, fixeron imposible a remontada local (64-71)
Destacar neste partido a volta ás pistas de Xoel, quen disputou os dous últimos minutos do partido despois de lesionarse o tobillo o día 19 de xaneiro. Tres meses e medio despois foi quen de volver a pisar de corto unha pista. ¡¡¡¡Benvido de novo!!!!
C.B. Allariz
Díaz (12), Rodríguez (0), Pérez (9), Fernández (14), Cuquejo (2), Conde (0), Quintana (9), Feijoo (5), Martínez (2) e Iglesias (11)
Adestradora: Raquel Salgado
C.B. Arteixo
Gaby (4), Ocampos (7), Antelo (7), Conchado (10), Andrés (10), Fabi (2), Jesús (13), Luis (8), Xoel (0), Rober (2), Guille (1) e Ramón (7)
Adestrador: Germán Lozano
Con esta victoria, os arteixáns rematan a tempada no 9º posto da clasificación cun balance de 11 victorias e 9 derrotas.
Boa tempada do equipo, que se viu castigado polas lesións durante todo o ano e soubo sobrepoñerse a elas día tras día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario