Partido correspondente á volta dos cuartos de final da Copa primavera junior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
49 - 33 (11-5 / 12-9 / 10-13 / 16-6)
Mal partido por parte dos arteixáns, cun xogo moi apático e case sen ritmo de xogo.
Presentábanse os visitantes con só cinco efectivos, e os locais non souberon sacarlle partido a esta situación e non foron quen de propoñer un partido cun ritmo alto de xogo. A circulación do balón contra a defensa pechada dos visitantes foi moi lenta e así case todo o partido foron tiros exteriores cun pobrísimo acerto. Aínda por riba, cando se movía ben o balón, os erros baixo o aro eran clamorosos. Con este panorama, a sensación era a de estar vendo un partido soso, sen ritmo, e case sen saber que facer por parte dos locais.
Os puntos ían caendo moi pouco a pouco. Non hai máis que ver os parciais dos tres primeiros periodos, para chegar ó último periodo cun rácano 32-27 paras os locais. O parcial do último periodo (16-6) foi máis debido ó cansanzo dos visitantes e a que baixaron un pouco os brazos que ó bo xogo e ó acerto dos arteixáns.
Ó final do partido, victoria e pase ás semifinais da Copa primavera. Pera de cara a esta semifinal, que será contra Maristas (o mellor equipo da copa e un dos mellores da liga) moito terá que cambiar a actitude para poder pelexar por poñerlle as cousas difíciles e poder acabar os partidos que nos queden dando o nivel que en realidade ten o equipo, que non é, con moito, o dado no partido de hoxe.
C.B. Arteixo
Darío (9), Juanlu (11), Jonathan (14), Javi (1), Leo (2), Antón (2), Miguel Díaz (10) e Daniel (0)
Adestrador: Fran Lozano
Liceo La Paz
Pardo (17), Sánchez (0), Ramallo (0), Pardo (9) e González (7)
Adestrador: Martín García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará as semifinais da Copa primavera. Enforntaranse ó Maristas Coruña, pero aínda non se sabe en que formato, se final a 4 ou eliminatorias a dobre partido
No hay comentarios:
Publicar un comentario