Partido correspondente á 18ª xornada da Liga minibasket mixto, disputado o sábado ás 9:30 horas no Pavillón Agra 2 de A Coruña.
2 - 53 (2-30 / 0-23 / - / - / - / -)
Comezou o partido cos arteixáns moi metidos nel. Activos na defensa das liñas de pase e no 1x1 conseguían recuperar balóns en medio campo para anotar en contraataque. Cando os locais conseguían superar o medio campo, a defensa de 1x1 non era todo o boa que debería ser, polo que conseguían opcións de lanzamento que non sempre eran capaces de anotar (2-30)
No segundo periodo, a actividade defensiva dos arteixáns foi mellor, sobre todo na defensa do 1x1 no seu campo defensivo. Así, imposibilitaban as situacións de lanzamento que xereraban no anterior periodo os locais (0-23)
No terceiro periodo, seguiu a mesma tónica e a defensa na nosa pista melloraba, conseguindo situarnos diante dos atacantes con balón unha vez superados. No ataque, a solidaridade no pase e os movementos cara a canastra provocaban situacións de 1x0 e 2x1 que conseguíamos anotar con certa comodidade.
Á volta do descanso, os arteixáns descenderon un pouco o nivel defensivo e ofensivo, con menos movemento e erros no pase. Esta foi a tónica durante a segunda metade, anque nas situacións a campo aberto de 1x1 en carreira éramos capaces de xerar vantaxes e que as aproveitasen os compañeiros.
C.B. Arteixo
Víctor, Gonzalo, Manu, Miriam, Abel, Ángel, Samuel, Inés, Iago, Daniel, Claudia e Lola
Adestradores: Arkaitz Collazo e Germán Lozano
Con esta victoria remata a tempada para os nosos nenos e nenas cun balance de 12 victorias e 4 derrotas, o cal os sitúa no terceiro posto da clasificación.
Gran traballo o realizado por todos e cada un dos xogadores durante este ano, sobre todo porque foi o seu primeiro ano de competición para case tódolos xogadores e xogadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario