miércoles, 4 de febrero de 2015

Senior 4ª división: Vintage 67 53 - 51 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 11ª xornada da 4ª división senior masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pavillón de Os Rosales de A Coruña

53 - 51  (17-11 / 7-24 / 13-13 / 16-3)

Comezou o partido co equipo local moi entonado no ataque, tamén propiciado por unha frouxa defensa visitante. Sen embargo, pouco a pouco foise endurecendo a defensa dos arteixáns (17-11)

No segundo periodo víronse posiblemente os mellores momentos da tempada por parte dos arteixáns: xogo fluído no ataque, presión en toda a pista, roubos de balón, acerto no tiro,... En fin, un periodo case perfecto, que fixo que os locais se visen totalmente sobrepasados (24-35)

A volta do descanso trouxo igualdade no xogo, o que propiciou que os arteixáns entrasen no último periodo cunha vantaxe superior ós 10 puntos (37-48)

O que sucedeu no último periodo é difícil de explicar. Case sen querer, os de Vintage fóronse achegando no marcador, mentres que os de Arteixo xa non anotaban nin en situacións de 1x0. Con este panorama chegouse ós instantes finais, onde os arteixáns tiveron ata tres balóns para gañar o partido, pero a pelota non quixo entrar e a victoria quedouse en A Coruña (53-51)

C.B. Arteixo
Fabián (8), Daniel (3), Diego (9), Víctor (3), Manuel (8), Pablo (8), Eloy (5), Jose (4), Arkaitz (3) e Dylan (0)
Adestrador: Iván García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra ADFRO B o domingo ás 12:00 horas no Pavillón de Cocheras de A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario