jueves, 19 de febrero de 2015

Infantil masculino: C.B. Arteixo 35 - 36 Culleredo Almeiras

Partido correspondente á 1ª xornada da segunda fase da competición da 2ª división infantil masculino, disputado o mércores ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

35 - 36  (7-8 / 8-12 / 8-4 / 12-12)

Comezaba a segunda fase da competición para os infantiles de Germán Lozano e Arkaitz Collazo e de novo volvía a maldición do punto para os arteixáns, xa que é o terceiro partido que se perde por un punto na presente tempada.

Comezaron os arteixáns despistados na defensa e sen conter os 1x1 dos visitantes, aínda que estas accións non remataban en canastra por falta de puntería dos visitantes. No ataque non se pasaba correctamente o balón e a falta de intensidade á hora de lanzar non facilitaban a anotación, aínda que se chegaban a boas situacións de lanzamento (7-8)

No segundo periodo, os arteixáns conseguiron dominar o rebote defensivo, pero as malas decisións no ataque (infinidade de balóns perdidos no bote que nos quitaban das mans) non nos permitían chegar a lanzar e provocaban contraataques en superioridade dos visitantes, que aproveitaron para irse con 5 puntos de vantaxe no marcador (15-20)

Á volta do descanso, a defensa e a actitude dos arteixáns mellorou  moito. Non se permitían situacións cómodas ós visitantes e no ataque xenerábanse situacións en 1x1, pero non estaban execesivamente acertados. Aínda con esto, apretouse a diferenza no marcador (23-24)

Entrouse no último periodo con todo por decidir. Os visitantes colleron pronto 5 puntos de vantaxe no marcador, que case non abandonarían ata os últimos instantes do partido. A falta de 2 minutos, os arteixáns conseguiron poñerse un punto por encima (33-32), pero unha serie de moi malas decisións no ataque, perdendo varios pases consecutivos nada máis recuperar o balón, e dúas canastras de 6 metros dos visitantes volveron a deixar o marcador a favor dos visitantes a falta de menos dun minuto. Os arteixáns apretaron en defensa e unha canastra de Iago achegou ós arteixáns a un punto. Os visitantes conseguiron evitar que os arteixáns volvesen anotar, levándose o partido para Culleredo (35-36)

C.B. Arteixo
Gonzalo, Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo e Iago
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Maristas Champagnat o domingo ás 10:00 horas no Pavillón Elviña 2 de A Coruña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario