Partido correspondente á 10ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
67 - 48 (23-7 / 17-16 / 8-11 / 19-12)
Primeiro partido da segunda volta da competición e por fin se cortou a racha de catro derrotas consecutivas dos arteixáns.
Chegaban os arteixáns coas baixas de Xoel e Jesús, pero contaban coa axuda de Fabián do equipo senior de 4ª división.
Comezou o partido cos arteixáns moi metidos nel e cun gran acerto de cara ó aro. Catro triplas nos cinco primeiros ataques puxeron terra de por medio no marcador, unido a unha gran defensa e ó control do rebote defensivo deixaron 16 puntos de vantaxe ó final do primeiro periodo (23-7)
O segundo periodo foi moi igualado, os arteixáns mantiñan o acerto de cara ó aro, pero os betanceiros conseguían anotar grazas ás faltas cometidas polos de Arteixo e a erros na defensa e no rebote defensivo (40-23)
O terceiro periodo foi moi espeso, moitos erros no lanzamento e na circulación de balón, detiveron a proxección da anotación. O acerto nos triples dos visitantes (tres neste periodo) déronlle o parcial para recortar en tres puntos a diferenza no marcador (48-34)
No último periodo, os arteixáns controlaron o tempo do partido grazas á defensa e ó rebote defensivo e mataron o partido dende o tiro libre, forzando faltas e boas situacións de lanzamento (67-48)
Importante victoria para a moral do equipo, despois destas catro derrotas consecutivas e das lesións que se viñeron sucedendo dende mediados do mes de decembro.
C.B. Arteixo
Ocampos (11), Antelo (6), Conchado (6), Guille (4), Gaby (4), Iago (17), Rober (8), Ramón (2), Luis (2), Fabián (4) e Andrés (5)
Adestrador: Germán Lozano
Santo Domingo Betanzos B
Coelho (14), Lendoiro (3), Vidal (3), Folla (7), Cruz (0), Gibson (5), Martínez (0), París (7) e Pena (7)
Adestradores: Javier Blanco e Jose Valeiro
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra o Baloncesto Cambre o domingo ás 17:00 horas no Pavillón Sofía Toro de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario