martes, 4 de noviembre de 2014

Junior masculino: Baloncesto Cambre Revesduyo 40 - 56 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 2ª xornada da 2ª división junior masculino, entre o Baloncesto Cambre Revesduyo e o C.B. Arteixo, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pavillón Sofía Toro de Cambre.

40 - 56  (15-16 / 9-19 / 10-15 / 6-6)

Por fin chegou a primeira victoria, foi no partido aprazado da segunda xornada de liga.

O equipo presentábase só coa baixa de Miguel Cruz, aínda convaleciente da lesión no tobillo e coa axuda dos xogadores do equipo cadete Aimán, Jacobo e Daniel.

Comezou o partido cun parcial de 0-7 a favor dos xogadores de Fran Lozano, pero os locais recuperáronse con outro parcial de 7-2. A igualdade mantívose no marcador ata o final do periodo, rematando cos arteixáns por diante cun marcador de 15-16.

No segundo periodo, os visitantes conseguiron varios ataques consecutivos rematados en canastras fáciles, sendo tamén capaces de deter a anotación de Vázquez, o cal acaparaba o xogo local. Pouco a pouco a diferenza foi aumentando a favor dos arteixáns, chegando ó descanso con 11 puntos de vantaxe (25-36)

Á volta do descanso, os arteixáns seguían dominando o marcador e o ritmo de xogo. Aproveitaron tamén que Vázquez e Bermúdez (os xogadores máis destacados dos locais) tiñan problemas de faltas e comezaban no banco o periodo. Cando volveron á pista, os arteixáns tiveron problemas para defendelos, cometendo varias faltas que permitiron ós locais anotar dende o tiro libre. Os arteixáns conseguiron 4 triplas neste periodo, pero non foron quen de despegarse definitivamente no marcador. A vantaxe ó final do periodo foi de 16 puntos (34-50)

O último periodo sobrou. O xogo non foi bo, reflexado no marcador parcial (6-6). Os cambreses intentaron apretar na defensa e os arteixáns non foron quen de controlar o xogo, precipitándose en moitos ataques e perdendo balóns. Finalmente o partido rematou co 40-56 a favor dos xogadores de Fran Lozano.

Baloncesto Cambre Revesduyo
Gago (3), G. Rodríguez (0), Vázquez (19), Robledo (4), Fernández (0), J. Rodríguez (0), Blanco (2), González (0), Bermúdez (12), Vila (0) e Bouzas (0)
Adestrador: Borja López

C.B. Arteixo
Darío (18), Juanlu (10), Jonathan (7), Miguel Díaz (14), Javi (0), Leo (0), Antón (2), Aimán (5), Jacobo (0) e Daniel 0)
Adestrador: Fran Lozano 

A ver se a partires de agora, co equipo xa ó completo e coa axuda dos xogadores do equipo cadete, se poden ir pulindo detalles do xogo e o equipo pode dar de sí o que pode.

A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra o Maristas Coruña, previsiblemente o sábado ás 16:00 horas no Pavillón do Coleixo Maristas de A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario