lunes, 27 de octubre de 2014

Minibasket: CBM Oleiros 04 70 - 20 C.B. Arteixo

Partido amistoso disputado o sábado ás 12:00 horas no Pavillón de Canide (Mera)

Primeiro partido para moitos dos nenos e nenas do C.B. Arteixo, os cales se mostraron moi nerviosos ó comezo do partido ante un equipo moi rodado e con varias tempadas de xogo nas súas costas.

Comezaba o partido con erros defensivos por parte dos arteixáns que deixaban canastras cómodas para os locais. No ataque os arteixáns avanzaban mediante pases e con moi poucos botes, sendo moi solidarios entre eles. Só se conseguiu anotar un punto dende o tiro libre no primeiro periodo, pero conseguise achegarse á canastra para lanzar aínda que non houbo acerto.

No segundo periodo máis do mesmo, aínda que neste periodo conseguiuse anotar unha canastra en xogo. Seguíase a pasar o balón entre tódolos compoñentes do equipo e continuaban tamén os erros na defensa.

O terceiro parcial foi mellor na defensa dos arteixáns, que só permitiron anotar 4 puntos ós locais. No ataque de novo tan só unha canastra en xogo, pero sen perder a solidaridade entre os compañeiros pasando o balón e movéndose para poder recibir.

Despois do descanso chegaron os mellores momentos para o C.B. Arteixo, apareceu o acerto de cara á canastra mentres que se mantiña o bo xogo de pases e a melloría na defensa.

No quinto periodo, o acerto de cara á canstra reduciuse pero mellorou a actividade na defensa, aínda que non conseguíamos deter os ataques dos locais.

O último periodo foi cando os locais conseguiron vencer por KO, pero os de Arteixo seguiron pelexando cada balón como fixeron durante todo o partido.

Unha nova e divertida experiencia para os debutantes nun partido de baloncesto. Hai que seguir adestrando para disfrutar co baloncesto e seguir mellorando tanto individualmente como colectivamente.

C.B. Arteixo
Victor, Manu, Miriam, Inés, Claudia, Iago, Lola, Antón, Ángel, Abel, Samuel, Gonzalo e Daniel
Adestradores: Arkaitz Collazo e Germán Lozano

No hay comentarios:

Publicar un comentario