lunes, 13 de octubre de 2014

Junior: C.B. Arteixo 37 - 53 EBX Xiria

Partido correspondente á 1ª xornada do Grupo A2 Coruña, disputado o sábado ás 16:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

37 - 53  (15-10 / 4-18 / 11-15 / 7-12)

Comezou a liga para os xogadores de Fran Lozano, pero non o fixo moi ben. Non só polo resultado, senón polas "circunstancias" desfavorables ós arteixáns.

Presentábase un partido complicado. Por unha parte o rival e por outra as condicións nas que se atopa o equipo, con só 5 efectivo polas lesións de Javi e Leo e a baixa de Juanlu. Con este panorama, contamos coa axuda de tres xogadores do equipo cadete (Aimán, Jose e Fabio) que completaron a convocatoria para o partido.

 Aínda nesta situación, o equipo comezou moi ben cun 7-0 e con boas sensacións que lle daban ó equipo a actitude necesaria para afrontar o inicio do partido. Pero os de Joaquín Moreira entraron no partido e pouco a pouco ata chegar ó final do primeiro periodo cun 15-10 no marcador, aínda que as sensacións xa non eran as mesmas que ó comezo.

O segundo periodo continuou co partido igualado, pero os visitantes adiantáronse no marcador cun parcial de 3-9 de saída. A partir deste momento, dominaron os vistantes o partido, anotando con facilidade, provocando moitas perdas de balón e dominando o rebote en ámbolos dous aros. Finaliza o periodo cun parcial de 4-18, deixando o marcador ó descanso nun 19-28 a favor dos visitantes.

Á volta do descanso, os locais saen sen tensión e, en apenas tres minutos, a diferenza vaise ós 17 puntos cos arteixáns completamente desbordados. Pero a partir da metade do periodo, os arteixáns sacaron o seu "orgullo" e comezaron a xogar con máis intensidade de cara ó aro rival, reducindo as distancias no marcador pouco a pouco, chegando ó final do periodo cunha desvantaxe de 11 puntos (30-41)

O último periodo presentábase con boas sensacións para os arteixáns, pero produciuse o primeiro mazado, a lesión de tobillo de Miguel Cruz despois de pelexar por un rebote, non podendo volver ó partido. Aínda con esto, o equipo consegue situarse a 5 puntos dos carballeses. O esforzo dos xogadores foi moi elevado, e no minuto 5 produciuse unha xogada que asustou a todos: Jonathan vai cara á canastra e Blanco na axuda chocan fortemente entre eles. O peor parado foi Blanco, quen recibiu un golpe na mandíbula o que lle provocou un abundante sangrado. No caso de Jonathan sufre un corte no codo, tamén sangrando en abundancia. Ámbolos dous xogadores teñen que deixar o partido e deixaron a todo o mundo cun susto bastante grande.
Respecto do partido, os locais quedaron sen "gasolina" e os visitantes, con varios roubos de balón, volven a poñer distancia no marcador, chegando ó final do partido cun 37-53 no marcador.

Dende o C.B. Arteixo queremos desexarlle a Xoel Blanco unha boa e pronta recuparación despois do golpe sufrido durante o partido.

C.B. Arteixo
Miguel Cruz (6), Darío (10), Fabio (0), Jonathan (5), Miguel Díaz (8), Aimán (3), Antón (0) e Jose (5)
Adestrador: Fran Lozano

EBX Xiria
Filgueira (0), Gil (3), Mallo (13), Viña (0), Lagoa (2), Rodríguez (2), Collazo (4), Blanco (12), Pose (7), Cancela (0), Ouente (10) e Guiance (0)
Adestrador: Joaquín Moreira


A vindeira semana, o C.B. Arteixo enfrontarase ó Baloncesto Cambre o domingo ás 12:00 horas no Pavillón Sofía Toro de Cambre (salvo cambios de última hora)

No hay comentarios:

Publicar un comentario