Despois dos primeiros partidos amigables de pretempada disputados a semana pasada no Pazo dos Deportes de Arteixo, esta fin de semana continuamos con máis baloncesto para os nosos equipos.
Estréanse nesta pretempada os dous equipos cadetes e ámbolos dous xogarán contra o C.B. Laracha. Tamén xogará, ante o C.B. Culleredo, o seu segundo partido de pretempada o equipo senior de 2ª división.
Iniciarán os partidos da fin de semana as xogadoras de Andrea Álvarez, que xogarán o sábado ás 10:30 horas contra o C.B. Laracha no IES Agra de Leborís de A Laracha.
Acto seguido, ás 12:15 horas aproximadamente, os xogadores de Iván García serán os que inicien os seus partidos de pretempada. Será tamén contra o C.B. Laracha no IES Agra de Leborís de A Laracha.
Por último, o equipo senior de 2ª división adestrado por Germán Lozano, terá un duro rival, o C.B. Culleredo, equipo de 1ª división. O partido disputarase o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de O Burgo
No hay comentarios:
Publicar un comentario