lunes, 18 de agosto de 2014

Comezo da tempada 2014/2015

A vindeira semana dará comezo a tempada 2014/2015 para os equipos do club. Os dous equipos cadetes, adestrados por Andrea e por Iván, serán os primeiros en vestirse de corto para adestrar. Seguiraos o equipo junior masculino, adestrado esta tempada por Fran.

As nenas de Andrea Álvarez comezarán os adestramentos o luns ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

Pola súa banda, os nenos de Iván García comezarán o luns ás 19:30 horas tamén no Pazo dos Deportes de Arteixo.

Mentres que o equipo junior de Fran Lozano, comezará os seus adestramentos o martes 26 ás 18:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

Calquera neno ou nena que estea interesado en adestrar e/ou xogar nos nosos equipos, pode achegarse polo Pazo dos Deportes de Arteixo á hora do comezo dos adestramentos. Simplemente con ganas de divertirse e presentarse con roupa deportiva serán os únicos requisitos para participar con nós nos adestramentos.

Para calquera información, enviar e-mail a club.baloncesto.arteixo@hotmail.com ou poñerse en contacto no 651 66 77 16 ou no 699 49 15 46

No hay comentarios:

Publicar un comentario