martes, 20 de mayo de 2014

Copa Primavera infantil feminino: BCA Maristas 00 66 - 26 Club Baloncesto Arteixo

Partido desputado o domingo 18 ás 10:00 h no Polideportivo Municipal do Ventorrillo, A Coruña.
Tiñan as xogadoras do C.B. Arteixo a oportunidade de remontar o partido para asegurar a permanencia na Copa Primavera, máis desta vez non puido ser.

Comezaba o partido xa cunha diferencia notable entre os dous equipos. Os erros na defensa das xogadoras de Andrea Álvarez, deixando a maioría das veces tiros fáciles baixo o aro e dende zona, marcaba a diferencia no partido cun parcial de 19 - 6 ao favor do equipo local.

No segundo cuarto notouse certa melloría por parte do C.B. Arteixo, onde se conseguiron rebotes ofensivos e anotar baixo o aro, non con moita facilidade debido á intensa defensa das rivais. O parcial foi de 15 - 10.

Tralo descanso e despois duns minutos valorando o partido ata o momento, déronse pautas para comezar a xogar e intentar salvar a situación, máis non serviu de moito. 
Volveron a caer as xogadoras visitantes en erros defensivos, en ataque, provocando moitos roubos de balón tras uns malos pases, erros constantes en tiro preto do aro.  ( 14 - 4 ).

Para finalizar, durante os 10 últimos minutos, as complicacións foron á hora de subir o balón, xa que o equipo local exercía unha presión a toda pista ata un par de minutos do final. Non se conseguían pillar os rebotes defensivos para contraatacar, e cando se facía non se remataba o contraataque. De todos xeitos, as xogadoras do Club Baloncesto Arteixo intentárono ata o final, contra un rival claramente superior no xogo.(18 - 6).


Por parte do BCA Maristas 00 xogaron: García M, Criado L (5), Mejide A (2), Penedo P (4), Noguerol M (12), Elías A, Ponte M (10), Fernández I (4), Carro S (21) e Díaz A (8).
Adestradora: Otero, L.
Axudante: Lanz, JM.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron: Botana L, Quintáns L, Carracedo M (12), Ogando N (6), Blanco V, Toja M e Sánchez S (8).
Adestradora: Álvarez A.
Axudante: Fraga, D.


Remata así a Copa Primavera e a tempada para o equipo feminino de Andrea Álvarez e Daniel Fraga. 

Fotografía tomada antes do encontro entre o BCA Maristas 00 e o Club Baloncesto Arteixo


Dende o club quéreselle dar a noraboa tanto a xogadoras como corpo técnico pola boa tempada que realizou o equipo, quedando nun merecido e moi traballado 1º posto da 2ª División Infantil Feminina.

Agora, toca seguir traballando antes das vacacións poñendo xa a vista e os esforzos na vindeira tempada.

Noraboa rapazas!

1 comentario:

  1. Felicidades a este equipo de niñas que ha trabajado tan duro para conseguir hacer una gran temporada!

    ResponderEliminar