miércoles, 7 de mayo de 2014

Copa Primavera Preminibasket

A pasada semana celebrouse a reunión para establecer o formato de competición para a Copa Primavera de Preminibasket.

Acordouse, debido a que había 24 inscritos, dividir en 8 grupos de 3 equipos ós participantes. De cada grupo clasifícase directamente o primeiro clasificado para as eliminatorias de cuartos de final. Deste xeito cada equipo disputará un mínimo de dous partidos nesta competición.

O C.B. Arteixo está encadrado no Grupo D xunto co Jesuitinas e o Emilia Pardo Bazán.

A competición comezará a fin de semana do 10 e 11 de Maio co enfrontamento entre o C.B. Arteixo e o Jesuitinas. 
A fin de semana do 17 e 18 de Maio disputarase o partido Emilia Pardo Bazán - C.B. Arteixo
A fin de semana do 24 e 25 de Mario terán a xornada de descanso ó ser un grupo cun número impar de equipos.

¡¡¡¡¡Moita sorte para os nenos e nenas de Víctor García!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario