Na mañá de hoxe martes, os máis pequenos do club disputaron o 3º Torneo de Minibasket Concello de Abegondo.
Estaban encadrados xunto co Santo Domingo Betanzos, o Santo Domingo Abegondo, o Salgado Montrove de Oleiros e o Neda Basket School de Ferrol.
Disputaron os partidos 6 xogadores do equipo preminibasket (Iker, Víctor, Diego, Manu, Lucas e Jorge) e 3 nenos da EDM (Rubén, Gonzalo e Ángel), dirixidos por Víctor García.
No primeiro partido enfrontáronse ó Neda Basket School, ante o cal sucumbiron por 14-7 nun partido con despistes defensivos e moi pouco acerto de cara á canastra.
No segundo partido, contra o Santo Domingo Betanzos tampouco conseguiron a victoria, pero estiveron a piques. 19-17 foi o resultado. Neste partido mellorou moito a defensa, pero o acerto de cara á canastra seguía a ser baixo.
Tampouco á terceira foi a vencida, desta vez caeron ante o Santo Domingo Abegondo por 12-6, nun partido onde os dous equipos defenderon ben e non deixaron anotar moitas canastras.
No último partido por fin conseguiron a victoria e non volver a Arteixo sen gañar. O resultado ante o Salgado Montrove foi un claro 0-20, onde os nosos estiveron moi activos na defensa, o que lles permitiu conseguir moitas canastras de contraataque.
Dende o Club Baloncesto Arteixo queremos agradecer ó Concello de Abegondo a invitación ó Torneo e felicitalos por organizar e levar a cabo unha vez máis un Torneo onde tódolos nenos e nenas poideron disfrutar dunha divertida mañá xogando ó baloncesto.
A continuación, deixámosvos varias imaxes dos partidos disputados ó longo da mañá
¡¡¡ Pisando fuerte, las nuevas generaciones...
ResponderEliminar¡¡¡ Pisando fuerte, las nuevas generaciones...
ResponderEliminar