martes, 1 de abril de 2014

Infantil feminino: C.B. Arteixo 35 - 28 Santa María del Mar

Partido correspondente á 3ª xornada do Grupo AB A-1da 2ª división infantil feminina, disputado o sábado ás 10:00 horas no Pavillón de Elviña II de A Coruña.

35 - 28 (15-10 / 8-6 / 6-10 / 6-2)

Partido marcado por unha boa intensidade de xogo por parte de ámbolos dous equipos, o parcial deste primeiro cuarto foi moi favorable para o C.B. Arteixo, onde as xogadoras locais estiveron moi acertadas en tiro dende fora da zona. 

No segundo período as xogadoras de Andrea Álvarez moveron moito máis o balón, cortando cara canasta para poder anotar de xeito doado. Destacar os contraataques producidos pola boa defensa e polos rebotes defensivos baixo o aro das rivais. 

O descanso non sentou moi ben ás xogadoras do C.B. Arteixo, posto que o xogo neste terceiro período viuse moi mermado no que á defensa se refire, bastante inactivas deixando anotar dentro de zona con gran facilidade. O tiro non foi moi acertado, anotando tan só seis puntos frente os dez das xogadoras do Sta. Mª del Mar.

Para solucionar os erros cometidos con anterioridade, neste último período prestouse atención ao ataque, movendo moito o balón, bloqueando rebotes e correndo nos contraataques. Cabe descatar a expulsión por cinco faltas persoais da xogadora Noelia Ogando, nos últimos minutos que resultaron decisivos para o partido. 

Por parte do C.B. Arteixo xogaron: Anais (4), Laura B. (3), Laura Q., Fátima, Miriam C. (6), Noelia (8), Victoria, Miriam T. e Sonia (14)
Adestradora: Andrea Álvarez

Por parte do Sta. Mª del Mar xogaron: Araujo (10), Aguirrezabala (10), Santiago (4), Martínez (2), Álvarez (2), Peris, Benito e Lecuna.
Adestradora: A. Mantiñán

Arriba: Sonia, Andrea, Laura B., Noelia, Victoria, Miriam e Fátima
Abaixo: Laura Q., Anais e Miriam

 A vindeira fin de semana o C.B. Arteixo enfrontarase contra Compañía de María, buscando esa victoria que se lles escapou no último encontro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario