Comezaba de novo o infantil feminino do C.B. Arteixo o sábado 15 nas instalacións deportivas de Elviña II ás 11.15 h.
Enfrontábanse as xogadoras de Andrea Álvarez contra un Obradoiro que as derrotara na casa coa diferenza de 15 puntos no marcador.
O primeiro cuarto comezou sendo moi igualado, con tan só dúas canastas por parte de cada equipo. O C.B. Arteixo non estaba moi acertado nos tiros, errando moitos deles debaixo de canasta. Pero foi na defensa onde se puido frear ao rival, evitando tiros fáciles e penetracións á canasta, pechando tamén os rebotes defensivos con éxito. O parcial deste primeiro cuarto foi de 4 - 4.
Xa no segundo cuarto, con novas indicacións da adestradora para mellorar todas aquelas situacións nas que se viran inferiores, sairon as xogadoras do C.B. Arteixo a loitar pola victoria.
Comezouse a defender dun xeito activo, moito máis atentas aos tiros das xogadoras rivais. En ataque houbo problemas á hora de subir o balón, posto que unha vez en xogo creáronse situacións de dous contra un, pero na maioria soubose saír delas sen problema algún, buscando os pases rápidos para poder chegar ao campo de ataque. Neste segundo cuarto o parcial foi, outra vez, igualado para ambos equipos, 6 - 6.
Tralo descanso, volveuse ao partido con ganas de marcar a diferenza nun marcador tan igualado.
Desta vez saían á pista as xogadoras máis concentradas, para poder levarse o parcial, 2 - 5.
Un moi bo traballo na defensa fixo posible a recuperación do balón, sen esquecer que tamén houbo certos erros no ataque, con perdas de balón tras algúns pases pouco acertados.
En ataque conseguiuse pasar algún que outro balón aos cortes, intentando así entrar á canasta, sen centrarse só nos tiros exteriores.
O último cuarto, o máis decisivo de todo o partido, viuse marcado pola intensidade de ambos equipos, tanto na defensa como no ataque. As xogadoras do C.B. Arteixo non querían poñerlle o partido fácil ao rival.
Conseguiuse un ataque agresivo e forte, continuando con algunha que outra perda de balón. Pero grazas á moi boa defensa das rapazas do club, os tiros das rivais non tiveron éxito. Co bo peche dos rebotes ofensivos logrouse realizar algún que outro contraataque, rematados con éxito. Viuse afectado o Club Baloncesto Arteixo pola expulsión dunha das súas xogadoras, Noelia Ogando, que fixo a súa quinta falta a poucos minutos para o remate. O parcial deste cuarto foi, de novo, moi igualado, 4 - 4.
Por parte do Obradoiro: Collazo A (8), Collazo C, Rodríguez R, Rodríguez P, Martínez V (4), Martínez T, Soto (2), San Martín , Tarrío (2).
Adestradora: Cruz Pena
Por parte do C.B. Arteixo: Rey, Botana, Quintáns, Alvedro, Ghadbane, Carracedo (6), Ogando (3), Blanco, Toja, Sánchez (10).
Adestradora: Andrea Álvarez
No hay comentarios:
Publicar un comentario