jueves, 19 de diciembre de 2013

Partidos para a fin de semana do 21 e 22 de decembro

Esta é a última fin de semana con xornada do ano 2013, pero só hai xornada para o equipo cadete, que recupera o seu partido aprazado, para o infantil masculino, que dobla xornada, e para o infantil feminino.

Os partidos que se disputarán son os seguintes:

2ª división cadete masculino  Aprazado da 7ª xornada  C.B. Arteixo - Obradoiro 
Sábado  12:30 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Enfróntase o equipo de Arkaitz Collazo a outro dos equipos da zona baixa da táboa, que só conta cunha victoria ó seu favor. Preséntase un partido igualado, no que os de Arteixo terán que continuar coa liña ascendente de traballo e de xogo dos adestramentos para levarse a victoria

2ª división infantil masculino  Aprazado da 8ª xornada  C.B. Artai - C.B. Arteixo
Sábado  12:00 horas  Pavillón Bergantiños de Carballo
Comeza a segunda volta da competición para os xogadores de Iván García enfrontándose a un C.B. Artai. Tratarán de continuar coa mellora dos adestramentos e estar en condicións de competir no partido

2ª división infantil masculino  9ª xornada  C.B. Arteixo - Electrorayma Narón
Domingo  12:00 horas  Pazo dos Deportes de Arteixo
Segundo partido en dous días para os xogadores de Iván García os cales tratarán de manter o nivel físico e de xogo para seguir competindo e mellorando tanto individualmente como colectivamente en cada partido

2ª división infantil feminino  6ª xornada  C.B. Arteixo - Salgado Montrove Blanco
APRAZADO POLA FEDERACIÓN DEBIDO Á PROGRAMACIÓN DE CONCENTRACIÓNS DAS SELECCIÓNS GALEGAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario