O pasado venres os nosos equipos infantiles masculino e feminino participaron no XIX Torneo de Nadal Maristas Coruña.
O torneo xogábase en formato triangular, con partidos de dous tempos de 14 minutos.
En categoría masculina, os nosos infantiles enfrontáronse a Maristas Coruña e a BCA. Gañaron os dous partidos (22-40 ante Maristas e 20-23 ante BCA) e proclamándose campións do torneo en categoría infantil masculina.
Infantil masculino: Samuel, Fabio, Saúl, Raúl, Simón, Elías, Jacobo, Hugo e Daniel. Adestrador: Iván García
En categoría feminina, as nosas infantiles xogaron contra Santo Domingo de Betanzos e contra Maristas Coruña. Perderon o partido contra Betanzos por 38-6 e gañando ante Maristas Coruña por 6-19, quedando en segundo lugar do torneo na categoría infantil feminina.
Infantil feminino: Anaís, Laura Botana, Laura Quintáns, Noelia, Vicky, Sonia e Miriam
Adestradores: Andrea Álvarez, Daniel Fraga e Germán Lozano
Unha vez finalizado o triangular, escolléronse os quintetos ideais e o MVP de cada categoría.
Sonia Infantil feminino), Jacobo, Daniel e Hugo (infantil masculino) foron escollidos nos quintetos ideais.
A maiores do triangular, disputáronse os concursos de tiros libres, triples e canasta imposible en cada unha das categorías.
Laura Botana foi a campiona de tiros libres en categoría infantil feminina ó anotar 11 tiros libres en 30 segundos
Laura Botana foi a campiona de tiros libres en categoría infantil feminina ó anotar 11 tiros libres en 30 segundos
Dende o C.B. Arteixo queremos agradecer ó Club Maristas Coruña a súa invitación ó Torneo de Nadal, que tivo unha gran participación tanto na pista como nas gradas e unha gran organización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario