miércoles, 4 de septiembre de 2013

Calendario 2ª División Senior masculino

O pasado luns 2 de setembro sorteouse o calendario da 2ª División Senior masculino na sede da Federación Galega de Baloncesto.

O C.B. Arteixo está encadrado no Grupo Norte. Estará acompañado por:
 - Carballo Basket e C.B. Culleredo da Delegación Coruñesa
 - C.D. Recimil da Delegación de Ferrol
 - Caferlo Viveiro e C.B. Celtas de Foz da Delegación de Lugo
 - Instituto Rosalía de Castro, Compañía de María, Peleteiro, C.B. Cluny e CAB Arzúa-La Salle da Delegación de Santiago

A competición dará comezo a fin de semana do 5 e 6 de outubro. O C.B. Arteixo comezará descansando debido a que se trata dun grupo de 11 equipos.
O seu primeiro partido será como local o domingo 13 de outubro no Pazo dos Deportes de Arteixo ás 12:00 horas ante o Caferlo Viveiro, e pechará a liga regular a fin de semana do 5 e 6 de Abril tamén como local ante o C.D. Recimil de Ferrol.

Pódense consultar os calendarios e os resultados no seguinte enlace:

¡¡¡¡Moita sorte ó equipo dirixido por Fran Lozano nesta tempada 2013/2014!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario