Onte, día 31 de xullo, rematou o VI Campus Club
Baloncesto Arteixo – Concello de Arteixo que tivo comezo o 15 do mesmo mes.
Como cada ano, máis de corenta rapaces e rapazas do
Concello de Arteixo poideron desfrutar deste campus, con diversas actividades,
pero centrándose na propia, o baloncesto.
O día 17
resaltou a visita dun convidado especial, a visita de Jorge Blanco. Jorge é árbitro de nivel 1 do Comité Galego
de Árbitros de Baloncesto. Debutou na liga EBA na tempada 2011/2012. Xogador de
baloncesto durante moitos anos, dos cales, a gran maioría víronse mesturados
coas ocupacións de árbitro.
Jorge
deunos unhas pautas para poder chegar a ser bos xogadores sen cometer
infraccións, tamén nos explicou diferentes accións das que a xente ten unha
visión totalmente contraria á realidade.
Durante o Campus, deixando de lado o aspecto máis
deportivo, fixemos varias saídas, unha o día 19 ao Aquapark de Cerceda,
aproveitando así o bo tempo que facía nesa semana. Outra das saídas, nun
ambiente máis natural, foi a Area Recreativa do Seixedo, onde realizamos
distintos xogos: cooperativos, de orientación... e finalmente xogos coa auga!
O martes 30 tivemos unha actividade contraria ao
baloncesto, unha actividade co Rugby Zalaeta.
Achegáronnos a este deporte tan interesante,
ensináronnos como coller un balón, como pasalo, as regras básicas… Desfrutamos
durante tres horas!
Para rematar, o último día fixemos as finais das
distintas competicións que levamos a cabo durante os 14 días anteriores, finais
de K.O. , tiro libre, tiro libre por tempo.. Tamén realizamos un pequeno torneo
por equipos, onde xogamos varios partidos contra os compañeiros e monitores do
campus.
Agora toca desfrutar ao máximo, e para iso, queremos desexarlles un bo verán a tod@s @s participantes deste VI Campus Club Baloncesto Arteixo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario