martes, 11 de junio de 2013

Participación do C.B. Arteixo na V Xira Consorcio As Mariñas

O pasado sábado 9 de xuño disputouse en Betanzos a V Xira do Consorcio As Mariñas, organizada polo Club Santo Domingo de Betanzos, o Concello de Betanzos e o Consorcio de As Mariñas. Nesta xira participaron equipos de categoría benxamín e minibasket do C.B. Arteixo, Concello de Abegondo, Baloncesto Cambre, Culleredo,  CEIP Vales Villamarín de Betanzos, A.D. Valle Inclán e CEIP Pedro Barrié de la Maza de Sada.

Dende as 10 horas ata as 14 horas tódolos asistentes, tanto nenos e nenas como pais e nais, puideron disfrutar dunha mañá de baloncesto no que os nenos e nenas foron os protagonistas do evento. Cada un dos participantes recibíu unha merenda para media mañá e, ó rematar o evento, foille entregada unha medalla conmemorativa.

Leváronse a cabo 7 xornadas de partidos tanto en categoría alevín como en minibasket, nas cales tódolos equipos puideron demostrar as súas habilidades e a súa calidade co balón. Tamén se levou a cabo un torneo de KO, que se levou a cabo simultaneamente en tódalas canastras dispoñibles para os partidos.

Nesta foto, vemos a tódolos membros do C.B. Arteixo que participaron na V Xira Consorcio As Mariñas: nenos, nenas, pais, nais e demais familia de cada un dos nosos xogadores e xogadoras.

Os xogadores participantes foron:

Benxamín: Claudia, Ainhoa, Diego, Karim, Antía, Sabela, Lucas, Nico, Ángel, Jorge, Dani e Rubén, co seu adestrador Víctor García.


Minibasket mixto: Víctor, Anaís, Simón, Elías, Raúl, Laura, Andrea e Yago, co seu adestrador Arkaitz Collazo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario