martes, 5 de febrero de 2013

Alevín mixto: Concello de Abegondo 49-47 C.B. Arteixo


Partido xogado na Polideportiva de A Sardiñeira de A Coruña entre o Concello de Abegondo e o C.B. Arteixo o sábado ás 17:15 horas.

Comezaba mal a tarde, posto que só había un árbitro para 3 pistas simultáneas, polo que as labores de árbitro as tivo que facer un dos adestradores do C.B. Arteixo.

Comezaba ben o partido para os nenos e nenas de Arkaitz, que conseguían anotar debaixo do aro en contraataques tras perdas de balón dos de Abegondo.

A partir do segundo periodo, os de Abegondo conseguían reducir as perdas de balón e chegaban á canastra dos de Arteixo con facilidade, aínda que lles costaba anotar.

Esta tónica seguiu ata o quinto periodo, onde os de Arkaitz deron un pequeno baixón, que propiciou que os de Abegondo chegasen con vantaxe de 6 puntos ó final do periodo.

Un último perido bo para os arteixáns fixo que o marcador se fose apretando e chegaron igualados ó final do partido, que se resolveu a favor dos de Abegondo por só 2 puntos de diferenza (49-47).

Gran mellora a acadada polos nenos e nenas de Arkaitz ó longo da tempada, pena que non se poidese destacar cunha victoria. Hai que seguir traballando en cada adestramento para ir pulindo cousas de cara ó futuro


C.B. Arteixo
Simón, Laura, Anaís, Raúl, Aitana, Elías, Víctor, Yago.
Ad: Arkaitz Collazo

No hay comentarios:

Publicar un comentario