Visitaba o C.B. Arteixo ó IDEFIC no
que se está a convertir nun dos clásicos da liga. O partido disputábase o
venres ás 20:45 horas no Pavillón da Antiga Facultade de Maxisterio de A
Coruña.
Os xogadores de Germán presentábanse
cun bo estado de ánimo, pero o primeiro periodo foi un bofetón en toda a cara
para os visitantes, véndose desbordados pola aplastante saída dos locais. O
marcador ó final do periodo marcaba un 26-3 para os locais.
O segundo periodo foi contario, os
arteixáns apretaron en defensa e buscaron mellores opcións no ataque para
impoñerse neste periodo. Todo esto unido ó desacerto local, deixou a diferenza
ó descanso en 11 puntos (35-24).
Despois do descanso os arteixáns
seguiron cunha boa intensidade defensiva e con boas opcións de ataque. Chegaron
incluso a poñerse a 8 puntos e con posesión, pero non a conseguiron anotar e os
da Facultade volveron a estar acertados no ataque, aumentando a diferenza ós 17
puntos ó finalizar o periodo (51-34).
O último periodo foi un intercambio
de canastras por parte dos dous equipos, que non alterou o marcador nin o puxo
en perigo para os da Facultade de Informática. Ó final, 70 a 52 para os locais.
Destacar que os tres periodos finais
foron dos mellores da tempada para o C.B. Arteixo, que de seguir nesta liña e
non saír durmidos ós partidos, pronto apareceran as victorias no seu
casilleiro.
A próxima semana, o C.B. Arteixo ten
dúas citas nunha xornada doble. O xoves ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de
Arteixo contra Dinamo CBAJ e o domingo ás 19:00 horas tamén no Pazo dos
Deportes de Arteixo contra o C.B. Cambre.
IDEFIC
Fernández (4), Acevedo (3), A
Vázquez (2), J Vázquez (3), Cobos (4), Martín (10), Timiraos (4), Rodríguez (21),
Trigo (4), Niñe (13)
Ad: David Pérez
C.B. Arteixo
Germán (0); Cotelo (0); Juan (2); Pavo
(3); Víctor (9); Arkaitz (2); Dylan (12); Adrián (10); Yassir (8); Héctor (0); Pablo
(3); Dani (3)
Ad: Germán Lozano
No hay comentarios:
Publicar un comentario